martes, 18 de diciembre de 2018

TODO SOBRE O MES DO NADAL

http://nadal09-10.blogspot.com/2018/
No Blog do Nadal podemos ver todo o que fixemos neste mes de decembro:
  • Ambientación especial
  • Teatro e Dramatizacións
  • Festival no Colexio
  • Actuacións especiais do Coro
  • Tarxetas de felicitación
BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2019

lunes, 3 de diciembre de 2018

Apadriñamento Lector

Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Preparaon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical 
"Nun mercado persa" 
de Albert William Ketèlby.

É unha pequena composición escrita en 1920 onde  Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.

A música describe sucesivamente:
  •     A chegada dos  camelleros e o paso  majestuoso das súas monturas.
  •     O canto dos esmoleiros.
  •     A chegada da Princesa.
  •     Os malabaristas e os encantadores de serpes.
  •     O paso solemne do Califa visitando o mercado.
  •     De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos  camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.

martes, 27 de noviembre de 2018

Saída de 2º e 3º curso ao TEATRO


O alumnado de 2º e 3º curso, xunto coas súas titoras Angélica e Rosa, acuden hoxe ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para asistir á representación do espectáculo infantil "Contos do recreo" da compañía REDRUM TEATRO.

Continuando a temática de acoso escolar iniciada con "A meniña que quería navegar", a compañía presenta esta historia inspirada libremente en Conto de Nadal, de Charles Dickens. Nesta ocasión a protagonista é Alicia, unha moza que goza facéndolle a vida imposible as súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre. No recreo previo ao exame máis importante do curso chegará, coma se fose a protagonista do País das Marabillas, ata un máxico lugar onde habita Xacobe, o estrafalario bedel custodio da impoñente porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar os obstáculos que se esconden tras a porta dos recreos pasados, presentes e futuros. Aprenderá que a agresividade e a falta de empatía só conducen á infelicidade e a frustración, e que para poder quererse a si mesma e aos demais ten que desterrar esas condutas da súa vida.

lunes, 26 de noviembre de 2018

Alumnado de 6º curso participa na charla sobre micromachismos

O luns, 26 de novembro, o alumnado de 6º curso de Primaria participou na charla sobre "micromachismos" impartida pola psicóloga do CIM de Viveiro, Ana Abad.
Na mesma realizouse unha dinámica de traballo en grupo nas que as nenas e nenos tiñan que identificar si había ou non  "micromachismo" en diferentes situacións:
  • Dicir que un home axuda nas tarefas do fogar...
  • Pensar que unha boneca non pode gustar ou ser un agasallo de neno...
  • Que as mulleres paguen menos ou entren gratis nas discotecas...
  • Empregar "Tocouche de niñera" cando un amigo queda ao coidado dalgunha persoa que o necesia...
  • Vestir a unha nena de rosa...
  • Dicir o guapa que está unha amiga... 
  • Ofrecer axuda a unha muller cun carriño de bebé a subir ou baixar as escaleiras...

sábado, 24 de noviembre de 2018

Día Internacional contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo.

Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, a proposta da República Dominicana, e co apoio de 80 países. 
No colexio traballamos cara á igualdade entre nenos e nenas, mulleres e homes, onde descartamos todo tipo de violencia.
Durante esta semana levamos a cabo varias actividades:
  • Lectura de libros para unha educación en igualdade
  • Elaboración de murais, debuxos...
  • Participación no acto convocado polo Concello de Viveiro a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) que tivo lugar o venres, 23 de novembro, no pavillón polideportivo de Viveiro. En este acto participación colectivos, colexios e institutos do Concello de Viveiro; en representación do noso colexio actuaron as nenas e nenos de primeiro curso cantando unha canción (Quiero ser feliz) e o alumnado de sexto curso dramatizou a canción de Rozalén "La puerta violeta". A continuación podemos ver o vídeo:

lunes, 19 de noviembre de 2018

Dereitos da Infancia

O martes, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso nas aulas as nenas e nenos farán diferentes actividades para lembrar esta data. Poderán consultar os libros e traballos que están expostos no recuncho do corredor e que nos falan dos mesmos.

Durante a semana, na Hora de Ler, o alumnado de Valores de 6º curso fará un Apadriñamento Lector aos diferentes cursos de Infantil e Primaria. Lerán "O lapis máxico de Malala", con el poderán reflexionar sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Tamén poderemos visualizar o vídeo que preparamos sobre este mesmo libro.

Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

jueves, 15 de noviembre de 2018

Celebramos o MAGOSTO

Neste precioso día de outono fixemos o xa tradicional MAGOSTO no noso colexio.
As nenas e nenos trouxeron un montón de castañas que Antonio e Lorenzo asaron con moito esmero e logo degustamos todos xuntos.
Logo de comer e beber fixemos 9 grupos  (con nenas e nenos de diferentes cursos) para xogar  ao Relevo de Castañas, Petanca, Castagolf, Castaña Cega, Mariola, Comecastañas, Pescacastañas, Castaña Dance e Laberinto.


NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA FESTA

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Saída cultural do alumnado de 3º e 4º curso de primaria

Na mañá do mércores, 14 de decembro, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria, xunto coas súas titoras Rosa Blanco e Xulia Calvo, acompañadas do tamén profesor Vicente Míguez, acudiron á Lonxa de Celeiro onde visitaron todas as instalacións e asistiron a unha subasta de peixe. 
Tamén visitaron as instalacións do Heliporto Costa Norte onde observaron os materiais que utilizan no salvamento marítimo, o helicóptero e lles explicaron como realizan os rescates no mar.




miércoles, 31 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín

O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.

martes, 30 de octubre de 2018

Un día con actividades diferentes

O venres, 26 de outubro, o alumnado de 6º curso, recibiu unha charla informativa sobre o ACOSO a cargo de Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.
Esta charla está enmarcada dentro do: 
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias)

Despois do recreo, o alumnado de 5º e 6º curso acudiron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver unha representación teatral encadrada no I Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional "Superarte".

jueves, 25 de octubre de 2018

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Na mañá do mércores, 24 de outubro, na Bibliosoños e divididos en varios grupos, realizamos diferentes actividades:
  • Falamos da importancia da Biblioteca do noso colexio.
  • Presentamos o libro "POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
  • Visualizamos os vídeos conmemorativos que realizaron o alumnado de 4º, 5º e 6º curso.
  • As nenas e nenos de 2º curso fixeron unha sesión de recitado de poemas de xoán Neira.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º curso tiveron un Encontro Literario co poeta Xoán Neira.
No seguinte vídeo recóllese un pequeno resumo das diferentes sesións e traballos realizados previamente. 

Entrevista realizada polo alumnado de 5º curso a XOÁN NEIRA.