jueves, 21 de marzo de 2019

Celebramos o Día da Árbore e da Poesía

Hoxe foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.

Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:
  • Aprendimos a canción Árbores da fraga 
  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala 
  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento 
  • Realizamos murais e debuxos 
Na celebración fixemos:
  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga" 
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas 
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores. 
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado. 
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

 A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.

viernes, 8 de marzo de 2019

Unha clase moi especial

Na mañá do xoves, 7 de marzo, poidemos contar coa visita de Vicente Míguez Salgueiro (exprofresor do centro) e Carlos Nuevo Cal (profesor no CEP Lois Tobío e tamén Cronista Oficial de Viveiro), ámbolos dous pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro e son coautores de varios libros entre eles "CONSERVEIRAS". 

Un libro moi especial na BIBLIOSOÑOS

O alumnado de 6º de Primaria, na área de Plástica coa profesora Rosa, están a traballar o diseño gráfico nos diferentes envases, por iso oportunamente, Vicente e Carlos, lles deron unha charla moi interesante: 
  • Unha pouca de historia sobre a importancia das conservas ao longo da historia. 
  •  A chegada das conserveiras a Galicia e concretamente sobre a industria conserveira en Celeiro. 
  • A historia sobre as latas de conservas, a súa decoración e simboloxía. 
  • Amosáronlles diferentes follas de lata cos diferentes diseños ao longo do tempo.
Todo o alumnado participou con gran interese na pequena charla informativa e seguro que tomaron boas ideas para logo realizar os seus propios traballos de deseño gráfico na área de Plástica. 

Dende o Centro queremos agradecer a Vicente e a Carlos a súa labor na charla informativa pois todo o alumnado disfrutou da "clase especial recibida".