jueves, 30 de mayo de 2019

Excursión de fin de curso á Praia de Esteiro (Barqueiro-Mañón)

O xoves, 30 de maio de 2019, o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil, xunto coas mestras Ana, Cristina, Mari, Iris, Esther, María e Marta viaxaron en autobús rumbo á Praia de Esteiro no Barqueiro, alí disfrutaron dunha preciosa mañá con xogos na area, tomaron a merenda de media mañá con moito apetito e volvemos moi cansos cara o colexio. No seguinte vídeo podemos ver unha pequena reportaxe da pequena excursión á praia. 

 

Viaxe fin de curso do alumnado de 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º curso, xunto coas profesoras Rita e Rosa e o profesor Paco, fixeron a viaxe de fin de curso os días 27, 28 e 29 de maio. Foi unha excursión moi ben planificada na que poideron visitar moitos lugares de interese e onde o pasaron estupendamente. Estiveron hospedados no Mosteiro de Poio.

miércoles, 29 de mayo de 2019

Excursión de fin de curso 3º e 4º Primaria

O martes, 28 de maio, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria fixeron unha excursión a Lugo, onde visitaron:
Nesta saída poideron apreciar e ver os restos e a evolución da historia de Lugo, dende a Prehistoria ate os Romanos.




sábado, 25 de mayo de 2019

Actuación do coro do colexio na Residencia Betania

O sábado, 25 de maio, o coro do colexio formado por 45 nenas e nenos fixo unha actuación moi especial na Residencia Betania de Viveiro.
Ademais dos usuarios da Residencia tamén acudiron as familias para disfrutar desta velada musical, na que se poideron escoitar as seguintes cancións:
Con frautas: 
Himno da alegría, Santa María Estrela do día, Polka, Titanic, Pocahontas, O son do ar.
Cantadas:  
O rato de Biblioteca, Viudas de vivos - viudas de mortos, Esta non é outra historia de piratas, Banaha, Simamaka, O progreso e Vois sur ton chemin.


lunes, 20 de mayo de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. 

No colexio celebramos este día tan importante con varias actividades que puxemos en común nun pequeno festival: 



  • O alumnado de 5º curso tivo unha "Conversa con Antón Fraguas"
  • O alumnado de 1º curso cantou unhas estrofas do "Cancioneiro de Cotovade"
  • O alumnado de 2º curso fixo un Apadriñamento Lector coa dramatización do conto "A serpe e o arco da vella"
  • O alumnado de 6º curso "rapeou" a Antón Fraguas e a Viveiro.
  • Finalmente, todos xuntos, cantamos o Himno Galego
No seguinte vídeo podemos ver un resumo

lunes, 13 de mayo de 2019

Charla Informativa con Vanessa Iglesias

O venres, 10 de maio, tivemos a visita de Vanessa Iglesias Sánchez, nai da alumna de 2º curso, Irea vale.

Vanessa é Técnico de Medioambiente e moi amablemente veu ao noso colexio para falarnos da importancia das árbores, das súas enfermidades e plagas, da prevención de incendios, das plantas de uso mediciñal, da flora exótica invasora, das árbores senlleiras do noso entorno...
Foi unha charla moi entretida e aprendemos moitas cousas máis sobre as árbores.

Dámoslle as gracias pola súa amabilidade para co noso colexio. 
MOITAS GRACIAS VANESSA!!!







jueves, 9 de mayo de 2019

CHARO PITA E XOÁN CURIEL NO TEATRO PASTOR DÍAZ

O alumnado de 5º e 6º curso disfrutaron dunha obra musicada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra trataba de dous conferenciantes que relataban a vida de Antonio Fraguas en cancións.
Contaron historias populares como por exemplo a dun rei que se aburría e para divertirse convidou á xente do pobo a que contestaran tres preguntas: a primeira, cantos cazos de terra farán falla para igualar a montaña máis grande?; a segunda, canto pesaba a lúa?; e a terceira, cantas estrelas había no firmamento?.
Pasámolo moi ben e tamén compartimos o teatro con outros nenos e nenas dos colexios de Viveiro.

RESEÑA REALIZADA POLO ALUMNO 
ANXO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

O ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Viveiro o xoves, 9 de maio,  coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Viveiro.


martes, 7 de mayo de 2019

Por fin poidemos celebrar o Día da Educación Física na Rúa

Imos participar no Día da Educación Física na Rúa 2019


Este luns, 6 de maio, por fin poidemos celebrar o Día da Educación Física na Rúa despois de estar esperando que chegase o bo tempo. 
A Profesora de Educación Física Eva preparounos unha danzas populares para poder bailar todo o colexio xunto coas familias e os usuarios do Centro de Día para Persoas con Alzheimer de Celeiro. 
Foi unha actividade moi divertida e agradable para as familias. 
Os nenos e nenas, profesoras e profesoras pasámolo estupendamente e fixemos un montón de exercicio, pois ademais de bailar primeiro tivemos que facer unha pequena camiñata ata chegar á Praza do Náufrago de Celeiro. 



Visita de Anxo Moure ao noso colexio

Na mañá do venres, e de maio, tivemos a visita especial de ANXO MOURE autor de libros como:
A xacia Luviñas, Caramulo e a carpinteira dos soños, A música das árbores, O paraugas dameaugas, Salgadiña, A estrela de Fisterra, O carballo con botas, Na casa das árbores.
 
O Consorcio Editorial Galego foi o encargado de organizar esta sesión para o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria.

 




XIX REBUMBIO MATEMÁTICO 2018-2019

https://www.agapema.org/

Na mañá do venres, 26 de abril, tres alumnas do colexio: Antía, Candela e Julia, participaron na fase de zona (Lugo) do XIX REBUMBIO MATEMÁTICO que convoca a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática. Estiveron acompañadas pola súa titora, a profesora Rita Lamas. Para elas foi unha experiencia moi positiva e pasáronno estupendamente.
Os resultados serán publicados o vindeiro 6 de maio.

MOITA SORTE!!!