jueves, 25 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día como o Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1180Día Mundial do Libro 2019  

No noso colexio para conmemorar esta data realizamos un montón de actividades:

  • Nas aulas traballamos a figura do Xenial Miguel de Cervantes Saavedra e lemos as adaptacións da súa obra DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
  • Nas casas, coas nosas familias, preparamos os traballos para a MICRORREDE A MARIÑA, que este ano vai sobre A POESÍA QUE SENTIMOS. Todos os traballos formarán parte dunha gran exposición na que participan moitos colexios da Mariña. 
  • Outras actividades que nos quedan por facer en relación ao Día do Libro son a visita da autora María Canosa e tamén de Anxo Moure. 
  •  O alumnado de 2º curso recoméndanos a lectura do libro "Fernando e o oso polar" de Carmen García Iglesias.
  • My favourite books, o alumnado de 6º curso estivo na aula de 6º de Infantil para contarlles cales son os seus libros favoritos.

  • Un programa de Radio na RUFO SOÑOS realizado polas alumnas de 6º curso: Leire, Nayara, Ainara, Ana, Elena e Ánxela.

viernes, 12 de abril de 2019

Experiencias do alumnado de 1º e 2º curso


O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria visitaron o pasado luns, 1 de abril, a Mina Sonia situada no Barqueiro, concello de Mañón e Provincia de A Coruña.
Foi unha experiencia moi positiva pois aprenderon moitas cousas sorprendentes para eles.
No seguinte vídeo van facendo un resumo de todo o que alí viron.


Seguindo coas actividades programadas dentro do proxecto "Ao abeiro dos nosos montes", na mañá do mércores, 10 de abril, tiveron a posibilidade de escoitar a Marcos Besada que lles aportou moita información sobre a Flora e Fauna e dos diversos ecosistemas dos montes galegos e especialmente dos de Viveiro.
Tamén lles deu información sobre como observar os rastrexos da fauna salvaxe dos nosos montes.
Ensinoulles unha páxina con moita información sobre a Fauna e Flora de Galicia

Sobre a semana das charlas informativas

Traballando no proxecto "Ao abeiro dos nosos montes"

Esta semana recibimos a visita de Roberto Cabo, Marcos Besada e Carlos Méndez, para falarnos de temas relacionados co proxecto "Ao abeiro dos nosos montes".

A charla de Roberto Cabo (Enxeñeiro de Montes) para o alumnado de 5º e 6º curso estivo relacionada cos diferentes tipos de montes, a xestión económica... e a interpretación de planos como paso previo para á realización dunha maqueta que temos previsto realizar como proxecto final.





Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores. 
Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas. 
Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis. 
A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio...
Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo

Carlos Méndez (Presidente da Comunidade de Montes San Roque) estivo co alumnado de 3º e 4º curso e faloulles da xestión desta comunidade de montes, da súa historia, da extensións dos terreos que a conforman,  da xestión económica, da nova zona recreativa e das diversas especies que hai nestes montes.