miércoles, 31 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín

O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.

martes, 30 de octubre de 2018

Un día con actividades diferentes

O venres, 26 de outubro, o alumnado de 6º curso, recibiu unha charla informativa sobre o ACOSO a cargo de Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.
Esta charla está enmarcada dentro do: 
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias)

Despois do recreo, o alumnado de 5º e 6º curso acudiron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver unha representación teatral encadrada no I Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional "Superarte".

jueves, 25 de octubre de 2018

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Na mañá do mércores, 24 de outubro, na Bibliosoños e divididos en varios grupos, realizamos diferentes actividades:
  • Falamos da importancia da Biblioteca do noso colexio.
  • Presentamos o libro "POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
  • Visualizamos os vídeos conmemorativos que realizaron o alumnado de 4º, 5º e 6º curso.
  • As nenas e nenos de 2º curso fixeron unha sesión de recitado de poemas de xoán Neira.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º curso tiveron un Encontro Literario co poeta Xoán Neira.
No seguinte vídeo recóllese un pequeno resumo das diferentes sesións e traballos realizados previamente. 

Entrevista realizada polo alumnado de 5º curso a XOÁN NEIRA.